Información sobre o réxime financeiro
  • Información sobre o réxime financeiro e as repercusións fiscais na declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas en relación a súa situación de funcionario minusválido e partícipe no plan de pensións da Administración Xeral do Estado.


    A Disposición adicional cuarta do Real Decreto Lexislativo 1/2002, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Regulación dos Plans e Fondos de Pensións sinala que se poderán realizar achegas a plans de pensións a favor de persoas cun grao de minusvalía igual ou superior ao 65 por 100, tanto polo propio minusválido partícipe como polas persoas que teñan co mesmo unha relación directa ou colateral ata o terceiro grao inclusive, así como o cónxuxe ou aqueles que os tivesen ao seu cargo en réxime de tutela ou acollemento.

    Así mesmo, o Real Decreto Lexislativo 3 /2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre o Imposto da Renda das Persoas Físicas establece na Disposición adicional décima, que cando se realicen achegas a plans de pensións a favor de persoas cun grao de minusvalía igual ou superior ao 65 por 100, resultaralles aplicable o réxime financeiro dos plans de pensións, aplicándose como límite máximo as seguintes contías:

    a) as achegas anuais máximas realizadas polas persoas minusválidas partícipes non poderán superar a cantidade de 24.250 euros.
    b) As achegas anuais máximas realizadas por cada partícipe a favor de persoas con minusvalía ligadas por relación de parentesco non poderán superar a cantidade de 10.000 euros. Isto independentemente das achegas que poida realizar ao seu propio plan de pensións, de acordo co límite previsto no artigo 5.3 do texto refundido da Lei de Regulación dos Plans e Fondos de Pensións (10.000 euros; non obstante, no caso de partícipes maiores de 50 anos, a contía será de 12.500 euros).
    c) As achegas anuais máximas realizadas a plans de pensións a favor dunha persoa con minusvalía, incluíndo as súas propias achegas, non poderán superar a cantidade de 24.250 euros.

    En consecuencia, poderase reducir na Base Impoñible do Imposto da Renda das Persoas Físicas en concepto de achegas e contribucións a sistemas de previsión social, polo límite de achegas que proceda, segundo as circunstancias laborais, persoais e familiares que concorran na súa declaración.