Mobilización de dereitos consolidados
  • ¿Como se mobilizan os dereitos consolidados desde outro Plan de Pensións?


    O Partícipe que desexe mobilizar os dereitos consolidados que mantén noutro plan (orixe), comparecerá ante a Entidade Xestora de destino (calquera oficina do BBVA), ordenando a devandita entidade, previa a súa identificación, que realice, no seu nome e ante a Entidade Xestora de orixe inscrita na DXS, todos os trámites necesarios para que se leve a cabo a mobilización dos dereitos consolidados que mantén no Plan de orixe ao Plan de destino (AXE).
    Para iso deberá achegar os datos necesarios para a identificación do plan de orixe por medio dun certificado de pertenza ou unha simple información trimestral da evolución do valor liquidativo emitido ao seu nome.

    Consulte a Sección: 5 - Mobilidade de Dereitos consolidados.