Un dos obxectivos do Portal Funciona é ser un portal accesible para todos os cidadáns, independentemente de se teñen algunha discapacidade ou empregan algún tipo de instrumento diferente para acceder aos contidos das páxinas Web, como navegadores de texto, lectores de pantalla, etc.

     

    Os portais www.funciona.gob.eswww.funciona.es, www.plandepensiones-age.es e www.fondodepensiones-age.es, do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, desenvolvéronse seguindo as recomendacións de accesibilidade da norma UNE 139803:2004 de accesibilidade. Esta norma establece as características que han de cumprir os contidos dispoñibles para que poidan ser utilizados pola maior parte das persoas, incluíndo persoas con discapacidade e persoas de idade avanzada, de forma autónoma ou mediante as axudas técnicas necesarias.
    Para iso, estanse aplicando as directrices de accesibilidade WAI 1.0 nivel AA dos estándares establecidos por W3C.

     

     Entre outras adoptáronse as seguintes medidas:

    • Uso de CSS para a presentación da información.
    • Texto alternativo nas imaxes.
    • Os enlaces ofrecen detalles do destino do hipervínculo.
    • Uso dos estándares do W3C.

    Este portal está deseñado cun formato común para todas as páxinas de contidos, zona de cabeceira, columna esquerda de menú, zona central de contidos e menú superior. Isto permite familiarizarse facilmente coa estrutura dos documentos facilitando así a súa navegación para aquelas persoas que necesitan axudas técnicas para a súa navegación.

     

    Nota: Esta declaración de conformidade recolle aquelas páxinas que se atopan baixo os dominios *.funciona.gob.es e *.funciona.es, exclúe, polo tanto, as páxinas ás que nos levan os enlaces externos así como  outros contidos dispoñibles neste portal provistos por terceiros.
    Desde Funciona tratamos de mellorar a accesibilidade cada día. Convidámoslle a axudarnos coas súas suxestións para facer deste portal un lugar cada vez máis accesible.